Guitarix é un amplificador e rack de efectos virtual para guitarra eléctrica, ainda que podes usalo tamén para outros instrumentos. No sistema opetrativo Ubuntu podes instalalo de forma gratuíta directamente dende o centro de sofware, ou ben dende a páxina oficial...
Modos de uso:
1º.- Unha vez instalada a aplicación podes usar os seus plugins de efectos directamente con Ardour, un programa de gravación multipìsta, na miña opinión moi bo, é tamén gratuito.
--------------------------------------
2º.- Para poder usar Guitarix directamente hai que instalar ademáis "JACK Audio Connection Kit" (ou simplemente JACK) que é un servidor de sonido que facilita a conexión de audio entre aplicacións, e QjackCtl que é a aplicación gráfica que nos permite controlar JACK. Pódese instalar dende o centro de software de Ubuntu.
Ó abrir Guitarix teremos que pinchar no botón "Iniciar Jack", e en ubuntu o máis probable é que de algún erro.
Solucions de erros en ubuntu: (Executar nunha terminal, botón dereito do rato sobre o escritorio)
1.- Para usar o afinador "Tuner" de guitarix necesitas usar Jackd con privilexios de tempo real (RT)
2.- Pode pode que sea necesario engadir o "usuario" de ubuntu ó grupo "audio" para permitir a execución de Guitarix en tempo real (RT):
sudo adduser nomedeusuario audio (sustitue nomedeusuario polo teu nome de usuario)
3.- Erro: (cannot use real-time scheduling (FIFO at priority 10) ... (1: Operation not permitted))
Para solucionar este erro:
- abre o ficheiro "99-realtime.conf" nunha terminal:
sudo nano /etc/security/limits.d/99-realtime.conf
e engade as seguientes 2 líñas:
@realtime - rtprio 99
@realtime - memlock unlimited
(Ctrl+O para gardar e Ctrl+X para sair)
- Crea o grupo "realtime", para o que tes que acceder como superusuario (root):
sudo su
groupadd realtime
- E por último engadimos o noso usuario (sustitue nomedeusuario polo teu nome de usuario)
usermod -a -G realtime nomedeusuario
Reinicia o ordenador...
NOTA: É posible que tamén teñas que eliminar o límite que o teu sistema operativo ten para a cantidade de memoria bloqueada, se persiste algún dos erros anteriores ou si Ardour presenta ese aviso ó iniciarse e queres eliminalo. Accede a esta entrada para solucionalo.
sudo su
groupadd realtime
- E por último engadimos o noso usuario (sustitue nomedeusuario polo teu nome de usuario)
usermod -a -G realtime nomedeusuario
Reinicia o ordenador...
NOTA: É posible que tamén teñas que eliminar o límite que o teu sistema operativo ten para a cantidade de memoria bloqueada se persiste algún dos erros anteriores, ou si Ardour presenta ese aviso ó iniciarse e queres eliminalo. Accede a esta entrada para solucionalo.
------------------------------------------------------------------------------------------------
Abre Guitarix e "Inicia Jack":
Entra en "Setup" e configura a túa Interface de audio e axusta Frames/Period a 128 ou maios (se o audio se entrecorta) para unha latencia o máis baixa posible.
Entra en "Connect" e configurao do seguinte xeito:
No hay comentarios:
Publicar un comentario