En Ubuntu 22 xa podedes instalar directamente dende "Ubuntu Software" a versión 6 de Ardour.
En Ubuntu 20 podedes instalar directamente dende "Ubuntu Software" a versión 5 de Ardour. Se desexas instalar a versión 6 deberás facelo por liñas de comando, do seguinte xeito:
Instalación (Ardour 6):
Este modo de instalación por PPA só é compatible con Ubuntu 20.04 Focal Fossa e as distros basadas nesta versión.
Para instalar Ardour 6, debes de instalar previamente a versión 5. Podes facelo dende a aplicación "Ubuntu Software".
Unha vez teñas instalado Ardour 5, abre unha terminal e escribe o seguinte:
- sudo add-apt-repository ppa:ubuntustudio-ppa/ardour-backports -y
- sudo apt update
- sudo apt upgrade
Desinstalación:
Se máis tarde desexas volver a Ardor 5, abre unha terminal e teclea o seguinte:
- sudo apt install ppa-purge
- sudo ppa-purge ppa:ubuntustudio-ppa/ardour-
backports
... e divírtete con Ardour 6 !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario