É posible que ó abrir Ardour en Ubuntu apareza o seguinte aviso:
Podemos optar por darlle a "Non volver a mostrar a ventá" se Ardour non o imos a usar para grandes proxectos de gravación e mistura.
Para desbloquear este límite de memoria podes facer o seguinte:
Abre un terminal. (Necesitas permisos de administrador)
Comproba a memoria actual asignada:
ulimit -l
( Tamén podes comprobar tódolos limites Hard e Soft con ulimit -Ha e ulimit -Sa )
Editas o ficheiro limits.conf:
sudo nano /etc/security/limits.conf
ó final do ficheiro insertas as liñas co valor máximo que queiras (por exemplo 32768) ou con unlimited:
nomeusuario hard memlock unlimited
nomeusuario soft memlock unlimited
Garda o ficheiro:
Ctrl+O e Tecla Intro
Sai do editor:
Ctrl+X
Reinicia ordenador...
Comproba a memoria actual asignada:
ulimit -l
No hay comentarios:
Publicar un comentario