miércoles, 5 de febrero de 2020

Historias da Radio...

A actividade consiste en gravar cun programa de edición de audio (como por exemplo Audacity ou Ardour, que é moito mellor) unha historia narrada en primeira ou terceira persoa, con diálogos, efectos de son, música...
 
Tende en conta a posibilidade de utilizar o material gravado nunha produción posterior de vídeo.
 
A historia podería comezar deste xeito:
 

GUIÓN LITERARIO "HISTORIAS DA RADIO"
- Capítulo 1 -

1- INTERIOR. HABITACIÓN. DÍA.

Estase a facer de día, está chovendo e os tronos soan aínda algo lonxe. XABI (17) desperta na  cama da súa habitación, érguese, vístese e sae á rúa.

 
            NARRADOR (Voz en off)
            Durmía placidamente cando o espertaron as campás da igrexa.
            Achegouse á ventá. Chovía e ameazaba tormenta.
            Despois de almorzar vestiuse e, vencendo a pereza, baixou a mercar o xornal.

 

2- EXTERIOR. QUIOSCO DA RÚA ONDE VIVE. DÍA.

Vestido informal, cun pantalón de chándal e sudadeira coa capucha posta para non mollarse coa choiva, XABI sae do seu portal, cruza a rúa en diagonal e diríxese á taberna do barrio coa intención de mercarlle o periódico ó TABERNEIRO (46) e levarllo ó seu avó.


            XABI
            Bo día, o Faro? por favor

            TABERNEIRO
            Aquí ten vostede.......... O teu cambio, bo día.
 

            XABI
            Moitas Grazas.

            NARRADOR(Voz en off)
            E nese mesmo intre... (Soa un berro)
            ¿Que puido acontecer? ¿De onde viña ese berro? ....



Continúa a historia...


A historia debe durar entre 3 e 4 minutos e estar correctamente ambientada. A música ten que estar en sintonía co texto e non debe de soar de forma continuada.

Podes utilizar, ademais doutros que poidas necesitar, os seguintes arquivos de son...


Bancos de son online:

Banco de imaxes e sons do Ministerio de Educación

No hay comentarios:

Publicar un comentario