jueves, 4 de mayo de 2023

Procesadores de Dinámica - Compresores de Audio (Calf Plugins)

Dentro dos procesadores de audio, existe un subgrupo moi importante denominado "procesadores de dinámica" que afectan fundamentalmente ó volume, ataque e á presencia ou mantemento do son.

Un compresor de audio é un procesador de son deseñado para reducir o rango dinámico do sinal sen facer que a súa presenza sexa demasiado perceptible. Esta tarefa realízase reducindo a ganancia do audio, cando o sinal supera un determinado nivel  (Threshold).

Para entendelo, un compresor é esencialmente un control automático de volume ou nivel.

Imaxina a unha persoa en tempo real, coa función de baixar o fader cando de súpeto o volume dalgún elemento sobe en exceso, e devolvelo ó nivel "normal" se o volume baixa dun umbral.

Todo isto faise para controlar o rango dinámico dunha voz, dun instrumento musical ou de calquera son, e evitar que se saia do plano. Polo tanto, o que fai esencialmente o compresor é reducir o nivel dun sinal cuns parámetros que establece o usuario e que modifican o seu comportamento.

 Parámetros máis importantes:

  • Treshold (Umbral): Nivel a partir do cal o compresor comeza a actuar. Canto máis baixo sexa, máis sinal entrará na compresión e, polo tanto, haberá unha maior redución de ganancia.
  • Ratio (Relación de compresión): Proporción da redución de ganancia que se produce na parte de sinal que supera o umbral anterior. Para proporcións máis altas, haberá unha redución maior. Por exemplo, se o noso sinal supera o umbral en 10 decibelios e queremos que se reduza en 5 decibelios, establecemos unha proporción de 2:1.
  • Attack (Ataque): Tempo en milisegundos que tarda o compresor en actuar unha vez que o sinal supera o umbral.
  • Release (Tempo de decaimento) : Tempo en milisegundos que tarda o compresor en deixar de actuar unha vez que o sinal deixa de superar o umbral.
  • Makeup Gain (Ganancia de saída):  Ganancia en decibelios (volume) do sinal de saída, para compensar a perda de ganancia perdida pola acción da compresión.



No hay comentarios:

Publicar un comentario