O efecto de Retardo (en inglés delay) é un efecto sonoro que consiste na multiplicación e o retardo dun sinal sonoro. Unha vez procesado, o sinal pódese mesturar ou non co orixinal na porcentaxe desexada. O resultado é o clásico efecto de eco sonoro.
Parámetros máis importantes:
- Timing (Tempo de retardo): é o tempo que tarda en producirse un eco, normalmente medido en milisegundos ou en BPM (pulsos por minuto).
- Feedback (Realimentación): é a cantidade de sinal realimentada á entrada do módulo para obter como resultado a repetición do son un número de veces determinado, que pode ir dende unhas poucas ata o infinito.
- Dry (Mestura): Determina a proporción de sinal de entrada (a orixinal sen efecto) que se mestura cos son retardados e procesados polo módulo de efectos.
NOTA: Cando se usa un BUS Auxiliar par insertar o efecto de Delay, esta proporción deberá ser do 0%, é dicir, do módulo so deberán saír as repeticións producidas polo Delay, non o son orixinal que terá o seu volume na súa propia pista de audio.
Estes son os parámetros básicos de calquera módulo de retardo, pero non son os únicos posibles. En módulos máis avanzados pódense atopar controis como a diminución da frecuencia co paso do tempo, axustar varios ecos diferentes, sincronización MIDI, filtrado de frecuencia etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario