jueves, 4 de mayo de 2023

Efectos de son - Reverberación (Calf plugin)

 A reverberación é un fenómeno sonoro producido pola reflexión, que consiste nunha lixeira permanencia do son unha vez que a fonte orixinal deixou de emitilo.

 Cando recibimos un son, chéganos dende o seu emisor a través de dúas canles, o son directo e o son que foi reflectido desde un obstáculo, como as paredes da habitación.

 É moi habitual que no proceso de rexistro sonoro dunha voz ou de instrumentos musicais (sobre todo nun estudo de gravación) se rexistre só o son directo, e non a reverberación da sala, colocando microfonía cardioide poi preto do instrumento ou da voz a rexistra, para discriminar ecos, reverberacións ou ruídos externos non desexados.

    NECESITAMOS A REVERBERACIÓN!!   

Para que?

1.- Para "dulcificar" os sons que escoitamos. (Guitarra acústica con ou sis reverberación)

2.- Para "ensanchar" o son (o efecto pódese aplicar en estero a unha fonte de son mono).

3.- Para darlle profundidade e situar  un son nun plano determinado (a maior efecto máis lonxe percibiremos o son)

4.- Para recrear una tipo de espacio sonoro: Un pavillón, unha igrexa, unha habitación grande ou pequena, o exterior...

5.- Como efecto sonoro en sí mesmo.

Parámetros máis importantes:

  • Room Size (tamaño de sala): Escoller entre Small, Medium e Large para aproximarse ás condicións de reverberacións dunha sala pequena, mediana ou grande.
  • Decay time (ou tempo de reverberación): O parametro que nos indica canto tempo vai a ser audible unha reverberación.
Tempos recomendados:
 
Reverb Curta: 0,3 ms - 0,7 ms

Reverb Media: 0,7 ms - 1,2 ms

Reverb Larga: 1,2 ms - 2 ms

  • Pre Delay (Retardo inicial): Tempo que tardarían en chegar as primeiras reflexións da raverberación. Se o tempo é suficientemente largo apreciarase claramente como un primeiro eco do son antes da reverberación. Usase en consonancia co "tempo de reverb", aínda que se pode usar a gusto do consumidor (sobre todo en música).
  • Bass cut e Treble cut (Filtros de frecuencia paso-alto e paso-baixo) para facer que o efecto se aproxime a unha sala máis ou menos brillante. 
  • Dry (Mestura): Determina a proporción de sinal de entrada (a orixinal sen efecto) que se mestura coa revebveración obtida polo módulo de efectos.

  NOTA: Cando se usa un BUS Auxiliar par insertar o efecto de "Reveb", esta proporción deberá ser do 0%, é dicir, do módulo so deberán saír a reverberación producida polo módulo de efectos, non o son orixinal que ten o seu volume na súa propia pista de audio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario