sábado, 25 de diciembre de 2021

Ardour - Programa de gravación multipista de audio e MIDI

Ardour é un programa multiplataforma de gravación multipista de audio e MIDI a disco duro. Actualmente pódese instalar en sistemas operativos Linux, macOS, ou Windows. O seu desarrollador principal é Paul Davis, quen é tamén el responsable da ferramenta JACK Audio Connection Kit. Actualmente xa está dispoñible a versión 6, que podemos instalar facilmente dende o centro de software de Ubuntu 22 (en Ubuntu 20 está dispoñible a versión 5 de Ardour)

https://drive.google.com/file/d/1pP53OANxgjo5by4VINfowEXV8Zy4l4kn/view?usp=sharing

Calf Plugin Pack for JACK é un paquete de efectos moi recomendable que podemos instalar directamente dende o Centro de Software de Ubuntu e usar posteriormente en Ardour.

Pode que sexa necesario facer un escaneo de plugins dentro de Ardour antes de comezar a usalos: Editar preferencias > Preferencias > Plugins > Escanear plugins).


Ubuntu Studio Plugins. Podes instalar tódolos plugins que veñen por defecto instalados na distribución de linux "Ubuntu Studio" abrindo unha terminal con privilexios de administrador e executando o seguinte comando:

sudo apt-get install ubuntustudio-audio-plugins


JACK Audio Connection Kit o simplemente JACK é un servidor de sonido que facilita a conexión entre aplicacións tipo jackified, para audio e datos MIDI. QjackCtl é unha aplicación gráfica que nos permite controlar JACK Audio Connection Kit. Pódese instalar dende o centro de software de Ubuntu. (Recomendado para un uso avanzado, onde se necesitan sincronizar varias aplicacións de audio usadas a un tempo)


Podes obter a versión de Ardour para windows dende os seguintes enlaces:
 
Versión 5.12: ard5win32 e ard5win64
Versión  6.9: ard6win32 e ard6win64

Se o prefires podes descargar xa a versión 7 dende a súa páxina oficial: https://ardour.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario