viernes, 24 de febrero de 2023

Efectos de son - Ecualizadores (Calf plugin)

Calf Plugin é un paquete de efectos moi recomendable que podemos instalar directamente dende o Centro de Software de Ubuntu e usar posteriormente en Ardour.

Algúns dos procesadores de efectos máis usados dentro da produción de audio son os...

Ecualizadores: Serven para realzar ou atenuar un determinado rango de frecuencias, dentro das frecuencias audibles (20Hz-20KHz). Existen dous tipos básicos, o ecualizador gráfico e o ecualizador paramétrico:  

Ecualizador gráfico: Consta dun número determinado de bandas (filtros de frecuencia paso-banda de ancho de banda fixo) repartidos ó longo de todo o espectro audible, que podemos atenuar ou amplificar. Soen usarse no canal 2master dunha mesa de mestura ou DAW.

Ecualizador gráfico de 30 bandas (Calf Equalizer 30 Band (LV2)

Ecualizador paramétrico: Consta dun número determinado número de filtros de frecuencia (ás veces configurables). No caso do Calf Equalizer de 5 bandas dispomos de:
  • Un filtro tipo "Lowshelf" que permite atenuar ou amplificar as frecuencias por debaixo dun determinado valor.
  • Tres filtros paramétricos, cos que podemos atenuar ou amplificar as frecuencias cercanas a unha determinada frecuencia. Podemos axustar:

- Freq: Frecuencia central do filtro

- Level: Nivel de ganancia/atenuación

- Q: Ancho de banda (maior Q >> menor ancho de banda)

  • Un filtro tipo "Highshelf" que permite atenuar ou amplificar as frecuencias por enriba dun determinado valor.

 Ecualizador paramétrico de 5 bandas (Calf Equalizer 5 Band (LV2)

 

Filtros: Actuan do mesmo xeito que os filtros contidos nos anteriores ecualizadores un filtro tipo "Lowshelf" ou  tipo "Highshelf" , según se configure:

 

Filtro "paso alto" (Calf filter (LV2)
 

Filtro "paso baixo" (Calf filter (LV2)

 


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario