JACK Audio Connection Kit ou simplemente JACK é un servidor de son que facilita a conexión entre aplicacións tipo jackified, para audio e datos MIDI. QjackCtl é unha aplicación gráfica que nos permite controlar "JACK Audio Connection Kit". Pódese instalar dende o centro de software de Ubuntu.
Para máis información acerca de JACK accede á seguinte entrada:
QjackCtl
É a aplicación básica de control de JACK.
- Botón Iniciar: Inicia o funcionamento de JACK tomando o control dos fluxos de audio e MIDI do PC.
- Botón Detener: Detén este proceso
- Botón Setup: Accede á configuración xeral do funcionamento de JACK:
Sample Rate: Frecuencia de muestreo coa que traballará JACK
Frames/Period: Tamaño do buffer de audio. Determina a Latencia coa que traballará JACK
- Botón Conexiones: Aquí establécense as conexións entre as entradas e saídas de audio das aplicacións e tarxetas de son que vaian a ser xestionadas por JACK.
Exemplo de conexión para usar o programa Guitarix cunha guitarra enchufada na entrada de audio 1 da tarxeta de son do ordenador.
Cadence
Cadence é unha aplicación máis avanzada que permite por medio de Catia a interconexión de audio entre aplicación dunha forma gráfica moito máis clara que QjackCtl, Ademáis permite a través de Claudia gardar escenarios e unha maior conectividade ó poder usar Jack Mixer na interconectividade das aplicacións. Para máis información:
No hay comentarios:
Publicar un comentario