martes, 30 de diciembre de 2025

"tascam-gtk" - Control da tarxeta de son "Tascam US-16-08" en Linux

tascam-gtk é un proxecto de terceiros para Linux que proporciona unha interfaz para controlar en linux o mezclador DSP da tarxeta de son Tascam US-16x08 (ganancias, ruteos, EQ, compresión, etc.)

 

INSTALACIÓN DE tascam-gtk (probada en Ubuntu Studio 24.04 e Linux Mint 22):

  • Abre unha terminal e actualiza:

sudo apt update
sudo apt upgrade

  • Logo instala as ferramentas de compilación e dependencias necesarias:

sudo apt install build-essential autoconf automake autopoint libgtkmm-3.0-dev libxml++2.6-dev liblo-dev libasound2-dev git

(esto instala: compiladores e ferramentas de desenvolvemento, bibliotecas necesarias, soporte para ALSA e Open Sound Control opcional.)

  • Descarga o código fonte: (clonación do repositorio oficial)

git clone https://github.com/onkelDead/tascam-gtk.git

  • Entra na carpeta tascam-gtk:

cd tascam-gtk

  • Construe a aplicación. Dende dentro da carpeta do proxecto executa:

autoreconf -fiv
./configure
make

(Estos comandos xeran os arquivos de configuración, compilan o programa e preparan os binarios)

  • Instala o programa:

 sudo make install

  • Despois poderás executalo desde o menú de aplicacións ou dende a terminal:

tascamgtk

-------------------------------------------------------
CREA UN LANZADOR DA APLICACIÓN:

  • Crear o archivo .desktop

nano ~/.local/share/applications/tascamgtk.desktop

  • Copia e pega exactamente esto dentro do archivo:

[Desktop Entry]
Version=1.0
Type=Application
Name=Tascam GTK
Comment=Control DSP mixer Tascam US-16x08
Exec=tascamgtk
Icon=audio-card
Terminal=false
Categories=AudioVideo;Audio;
StartupNotify=true

  • Garda e sae:
Ctrl + OEnter       Ctrl + X
  • Dalle permisos de execución ó arquivo:

chmod +x ~/.local/share/applications/tascamgtk.desktop

  • SE É NECESARIO actualiza o menú de aplicacións (normalmente é automático, pero podes forzarlo):

update-desktop-database ~/.local/share/applications/

--------------------------------------------------------
PE
RMISOS USB se non detecta a tarxeta (normalmente non é necesario, pero se non conecta:

sudo usermod -a -G audio nomeusuario

E logo pecha sesión.

--------------------------------------------------------
VERIFICACIÓN RÁPIDA
 (antes de abrir tascam-gtk), comproba:

aplay -l    (debe de aparecer algo como: TASCAM US-16x08)

No hay comentarios:

Publicar un comentario