miércoles, 19 de abril de 2023

Proceso de gravación - Proxecto Audiovisual

    Previo ó proceso de gravación terá que estar rematado o Guión Técnico (Feito a partir do Guión Literario), e o Storyboard, e definidas as localizacións.

    Realizade unha planificación da rodaxe: calendario, horarios, responsabilidades de cada membro do grupo etc...


Durante o proceso de gravación... non vos esquezades de levar o seguinte material:

- Atrezo: Conxunto de elementos necesarios para a rodaxe que se van a ver en pantalla: cadeiras, mesa, pistola, libro, pelota, bastón, gafas... (o que se necesite para recrear a escena)

- Vestiario: Gradade o vestiario que vaiades a usar nas diferentes escenas para evitar erros relacionados (Non se pode ver na mesma escena dous vestiarios diferentes)

- Claqueta: Moi importante para referenciar tódolos trociños de vídeo que ides gravar. Debedes de anotar NºSecuencia / NºPlano / NºToma, por exemplo: 1 / 3 / 4

  O golpe de son pose ser unha palmada (Pensade que tendes que sincronizar despois o vídeo co audio, cando fagades gravación multicámara.

- Cámaras/Móviles que se vaia a usar para gravar a escea (moitas esceas será conveniente que as gravedes nunha configuración "multicámara" (por exemplo: cámara 1: Plano conxunto, cámaras 2 e 3: planos e contraplanos)

- Trípodes: para gravar tomas estables (que posteriormente se poden editar en edición para recortar e/ou realizar movementos virtuais de cámara)

- Adaptadores de móvil para trípodes: Se usades móviles para gravar necesitaredes un adaptador de este tipo.

- Estabilizador para cámara ou móvil: para realizar movementos de cámara máis estables. Se tendes algún usádeo!!

- Estabilización dixital de imaxe: Se o teu móvil ten esta opción podes usala se non contas cun estabilizador físico.

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario