GUIÓN LITERARIO (Documento) (5 puntos)
O guión literario deberá adecuarse ó formato estandarizado. Preferiblemente en Galego.
Exemplo de guión literario...
Detrás dunha boa película hai un bo guión. Guía para escribir guións de cine...
Manual do guionista...
GUIÓN TÉCNICO (Documento) (8 puntos)
Fai unha copia deste modelo de guión técnico...
Guión técnico e planificación da realización...
STORYBOARD (Documento) (3 puntos)
Fai unha copia deste modelo de Storyboard...
As ilustracións do Storyboard deberán estar debuxadas a man, conter indicacións tales como frechas de movementos das personaxes etc. Unha vez debuxada unha viñeta, saca unha foto co móbil para inserila no documento.
GUIÓN (Orixinalidade) (2 puntos)
IMAXE (Fotografía, Encadres) (3 puntos)
A fotografía deberá estar en consonancia coa historia. Os encadres estarán ben realizados en función do tipo de plano. Prestade especial atención ó "aire" inecesario que poidades estar incluíndo nos encadres. Ter en conta tamén a "regra dos tercios" en fotografía...
MOVEMENTOS DE CÁMARA (3 puntos)
Coida que os movementos de cámara estean ben realizados e sen tremores innecesarios.
CROMA VERDE (3 PUNTOS)
Incluirase algún plano realizado coa técnica do croma verde. Coidarase a iluminación do fondo verde durante a gravación, para a ausencia de manchas negras no resultado final.
SON (5 puntos)
Coidarase o son ambiente, o son dos efectos especiais e a calidade do son dos diálogos.
Poderá gravarse o son en directo ou ser dobrado. En calquera caso valorarase a calidade de gravación.
TÍTULOS INICIAIS (2 puntos)
Inserta como mínimo os seguintes títulos iniciais:
- Titulo da curtametraxe.
- Dirixida por...(un de vos) (A quen escollades como director/a)
- Producida por "O CASTRO PRODUCIÓNS"
CRÉDITOS FINAIS (2 puntos)
Inserta como mínimo os seguintes créditos finais:
Direción, Produción, Montaxe, Localización, Ano de realización,
Centro de estudos, Departamento de Tecnoloxía, Materia "Imaxe e Son 2ºBacharelato, Profesor da materia, etc)
SUBTÍTULOS (2 puntos)
No caso de que incorporedes música ou diálogos (total ou parcialmente) nun idioma estranxeiro (inglés, francés...) deberedes de incluír os subtítulos correspondente ó Galego (preferentemente).
No hay comentarios:
Publicar un comentario