viernes, 22 de febrero de 2019

Claqueta de cine


Luces, cámara, Acción!    Clack!!
A claqueta é unha pizarra, máis ou menos sofisticada, na que se anota unha serie de datos que permiten identificar cada un dos segmentos no que se divide unha produción audiovisual durante a súa rodaxe.

Na claqueta deben figurar:

    - o título da produción

    - o nome do director

    - a data

    - o número de secuencia

    - o número de plano

    - o número de toma (unha toma é cada repetición dun plano)


Nas rodaxes con rexistro simultáneo de son (son directo), a persoa que manexa a claqueta mantén en alto a barra articulada e, no momento no que a cámara comenza a rodar, recita en voz alta o número de secuencia, o número de plano e o número de toma, "cantar a claqueta". A continuación, cun movemento rápido, golpea a barra articulada contra o borde superior da claqueta, xerando un ruído seco. Durante a pos-produción, o técnico busca na imaxe o momento preciso no que a barra golpea el borde de la claqueta. Do mesmo xeito, na gravación de son localizase o ruído do golpe da claqueta. A coincidencia de ambos na liña de tempo do programa de edición permite sincronizar correctamente a imaxe e o son rexistrados por separado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario