A intensidade sonora defínese como a cantidade de enerxía que atravesa a unidade de superficie na unidade de tempo, o que ben sendo a potencia por unidade de superficie:
A intensidade sonora, polo tanto, mídese en W/m2
Se a fonde de son emite por igual en tódalas direccións, a área total a unha distancia R da fonte sonora será a área dunha esfera:
Intensidade sonora en decibelios (dB)
Usando unha escala logarítmica (non só porque o intervalo de intensidades ás que resulta sensible o oído é moi grande, se non tamén porque a sensación sonora responde a unha escala tamén logarítmica) a intensidade sonora pódese calcular segundo a formula:
Onde Io é a intensidade mínima perceptible polo oído humano:
Exercicio 01: Se o umbral da dor do oído se produce cunha intensidade sonora de 1 W/m2, calcula o umbral da dor en decibelios
Exercicio 02: Unha fonte sonora puntual emite cunha potencia de 80 vatios. a) Calcula a intensidade sonora a 10 metros da fonte. a2) ¿En decibelios? b) Calcula a intensidade sonora correspondente a 130 dB. b2) ¿A qué distancia da fonte se produce ese nivel de intensidade sonora (130 dB) ? Resultado en video...
No hay comentarios:
Publicar un comentario