martes, 30 de diciembre de 2025

Instalación de "PipeWire" en Linux Mint 22

PipeWire é un servidor multimedia moderno para Linux que unifica a xestión de audio e video, reemplazando as tecnoloxías mais antigas como PulseAudio e JACK, ofrecendo baixa latencia, mellor manexo de recursos e compatibilidade mellorada para streaming, gravación de pantalla e aplicacións profesionais, sendo o estándar actual en distribucións como Fedora e Ubuntu.

INSTALACIÓN EN LINUX MINT 22 XFCE (baseado en Ubuntu 24):

  • Actualizar o sistema

sudo apt update
sudo apt upgrade

  • Instalar PipeWire e compoñentes necesarios (executa todo xunto):

sudo apt install pipewire pipewire-audio-client-libraries \
pipewire-pulse pipewire-jack wireplumber \
libspa-0.2-bluetooth pavucontrol

Que instala cada cousa:
- pipewire → motor de audio
- pipewire-pulse → reemplazo de PulseAudio
- pipewire-jack → compatibilidad JACK (Ardour, Reaper, etc.)
- wireplumber → gestor de sesiones (recomendado)
- pavucontrol → control gráfico de audio

  • Habilitar WirePlumber (clave)

systemctl --user enable wireplumber
systemctl --user start wireplumber

  • Desactivar PulseAudio (sen borrarlo)

systemctl --user --now disable pulseaudio.service pulseaudio.socket

  • Activar PipeWire

systemctl --user --now enable pipewire pipewire-pulse

  • Reiniciar sesión (moi importante)

-----------------------------------------------

VERIFICAR que PipeWire funciona:

pactl info

Debe mostrar:   Nome do servidor: PulseAudio (on PipeWire x.x.x)

pw-jack jack_lsp

Se lista portos → JACK funciona sobre PipeWire.

-----------------------------------------------

APLICACIÓNS GRÁFICAS PARA AUDIO E MIDI PipeWire:

  •  qpwgraph ⭐⭐⭐⭐⭐  A ferramenta clave con PipeWire. Ruteo gráfico de Audio, MIDI, JACK, ALSA, PulseAudio.

 sudo apt install qpwgraph

  • pavucontrolControl de dispositivos, perfiles e volumes.

sudo apt install pavucontrol

  • CarlaHost de plugins e patchbay avanzado. LV2 / VST, MIDI

sudo apt install carla

  • Helvum (simple e rápido). Patchbay moi visual, ideal para directos.

sudo apt install helvum

------------------------------------------------------

POSIBLE PROBLEMA CON ARDOUR:

- Despois de instalar pipewire ó abrir Ardour e seleccionar Jack como servidor de audio da un erro de RT (real time)

  • Engade o teu usuario ó grupo audio. Esto é imprescindible para RT.

sudo usermod -a -G audio nomeusuario

Reinicia.

  • Verificar que PAM carga los límites:

sudo nano /etc/pam.d/common-session

Asegúrate de que exista esta línea (normalmente ya está): session required pam_limits.so    

Si no está, añádela al final. Reinicia (obligatorio)

  • Comprobación rápida (MUY IMPORTANTE) Después de volver a entrar:

ulimit -r

Debe devolver un número mayor que 0 (por ejemplo 95)

------------------------------------------------------

ABRINDO ARDOUR DENDE O MENÚ NON USA PW-JACK (No aparece en "qpwgraph"):

  • Executa Ardour dende a terminal forzando o uso do xestor de son pw-jack

pw-jack ardour

Comproba que funciona abrindo "qpwgraph"

 Se funciona podes crear un lanzador co nome "Ardour-PipeWire":
  • Crea o arquivo .desktop:
nano ~/.local/share/applications/ardour-pipewire.desktop

Pega este contido no arquivo:

[Desktop Entry]
Version=1.0
Type=Application
Name=Ardour-PipeWire
Comment=Ardour usando JACK sobre PipeWire
Exec=pw-jack ardour
Icon=ardour
Terminal=false
Categories=AudioVideo;Audio;Music;
StartupNotify=true

Guarda e sai:     Ctrl + O → Enter     Ctrl + X

  • Dalle permisos de execución

chmod +x ~/.local/share/applications/ardour-pipewire.desktop

  • Actualizar o menú de aplicacións (normalmente non fai falla, por si acaso):

update-desktop-database ~/.local/share/applications/

Ahora debe de aparecer en Linux Mint XFCE:

- Menú → Sonido y vídeo

- Nombre: Ardour-PipeWire

 

"tascam-gtk" - Control da tarxeta de son "Tascam US-16-08" en Linux

tascam-gtk é un proxecto de terceiros para Linux que proporciona unha interfaz para controlar en linux o mezclador DSP da tarxeta de son Tascam US-16x08 (ganancias, ruteos, EQ, compresión, etc.)

 

INSTALACIÓN DE tascam-gtk (probada en Ubuntu Studio 24.04 e Linux Mint 22):

  • Abre unha terminal e actualiza:

sudo apt update
sudo apt upgrade

  • Logo instala as ferramentas de compilación e dependencias necesarias:

sudo apt install build-essential autoconf automake autopoint libgtkmm-3.0-dev libxml++2.6-dev liblo-dev libasound2-dev git

(esto instala: compiladores e ferramentas de desenvolvemento, bibliotecas necesarias, soporte para ALSA e Open Sound Control opcional.)

  • Descarga o código fonte: (clonación do repositorio oficial)

git clone https://github.com/onkelDead/tascam-gtk.git

  • Entra na carpeta tascam-gtk:

cd tascam-gtk

  • Construe a aplicación. Dende dentro da carpeta do proxecto executa:

autoreconf -fiv
./configure
make

(Estos comandos xeran os arquivos de configuración, compilan o programa e preparan os binarios)

  • Instala o programa:

 sudo make install

  • Despois poderás executalo desde o menú de aplicacións ou dende a terminal:

tascamgtk

-------------------------------------------------------
CREA UN LANZADOR DA APLICACIÓN:

  • Crear o archivo .desktop

nano ~/.local/share/applications/tascamgtk.desktop

  • Copia e pega exactamente esto dentro do archivo:

[Desktop Entry]
Version=1.0
Type=Application
Name=Tascam GTK
Comment=Control DSP mixer Tascam US-16x08
Exec=tascamgtk
Icon=audio-card
Terminal=false
Categories=AudioVideo;Audio;
StartupNotify=true

  • Garda e sae:
Ctrl + OEnter       Ctrl + X
  • Dalle permisos de execución ó arquivo:

chmod +x ~/.local/share/applications/tascamgtk.desktop

  • SE É NECESARIO actualiza o menú de aplicacións (normalmente é automático, pero podes forzarlo):

update-desktop-database ~/.local/share/applications/

--------------------------------------------------------
PE
RMISOS USB se non detecta a tarxeta (normalmente non é necesario, pero se non conecta:

sudo usermod -a -G audio nomeusuario

E logo pecha sesión.

--------------------------------------------------------
VERIFICACIÓN RÁPIDA
 (antes de abrir tascam-gtk), comproba:

aplay -l    (debe de aparecer algo como: TASCAM US-16x08)

lunes, 17 de julio de 2023

Hydrogen - Secuenciador de baterías

Hydrogen é un secuenciador de batería multiplataforma de licenza gratuíta desenvolvido polo programador italiano Alessandro Cominu (tamén coñecido como Comix), útil e accesible tanto pola aparente "sinxeleza" do programa como por un entorno gráfico moi intuitivo.


Instalación en Ubuntu 22:

Executa nunha terminal os seguintes comando:

sudo apt-get update

sudo apt-get install hydrogen

 

Instalación en Windows / Mac OS:

Accede ó sitio oficial de Hydrogen e descarga a versión para windows:

http://hydrogen-music.org/downloads/

jueves, 4 de mayo de 2023

Procesadores de Dinámica - Portas de Ruído (Calf Plugins)

 Unha porta de ruído insertada nun canal ou pista de audio reducirá, incluso totalmente, o audio que non supere un determinado umbral. Trátase dun procesador de dinámica que tendes que usar con moito coidado posto que podemos perder certa parte do audio que foi gravado a un nivel algo baixo.

  • Ratio: Nivel de redución de ganancia.
  • Threshold: Umbral por debaixo do cal se "mutea" ou reduce o audio.

Efectos de son - Delay (Calf plugin)

 O efecto de Retardo (en inglés delay) é un efecto sonoro que consiste na multiplicación e o retardo dun sinal sonoro. Unha vez procesado, o sinal pódese mesturar ou non co orixinal na porcentaxe desexada. O resultado é o clásico efecto de eco sonoro.

Parámetros máis importantes:

  • Timing (Tempo de retardo): é o tempo que tarda en producirse un eco, normalmente medido en milisegundos ou en BPM (pulsos por minuto).
  • Feedback (Realimentación): é a cantidade de sinal realimentada á entrada do módulo para obter como resultado a repetición do son un número de veces determinado, que pode ir dende unhas poucas ata o infinito.
  • Dry (Mestura): Determina a proporción de sinal de entrada (a orixinal sen efecto) que se mestura cos son retardados e procesados polo módulo de efectos.
 NOTA: Cando se usa un BUS Auxiliar par insertar o efecto de Delay, esta proporción deberá ser do 0%, é dicir, do módulo so deberán saír as repeticións producidas polo Delay, non o son orixinal que terá o seu volume na súa propia pista de audio.

Estes son os parámetros básicos de calquera módulo de retardo, pero non son os únicos posibles. En módulos máis avanzados pódense atopar controis como a diminución da frecuencia co paso do tempo, axustar varios ecos diferentes, sincronización MIDI, filtrado de frecuencia etc.



Procesadores de Dinámica - Compresores de Audio (Calf Plugins)

Dentro dos procesadores de audio, existe un subgrupo moi importante denominado "procesadores de dinámica" que afectan fundamentalmente ó volume, ataque e á presencia ou mantemento do son.

Un compresor de audio é un procesador de son deseñado para reducir o rango dinámico do sinal sen facer que a súa presenza sexa demasiado perceptible. Esta tarefa realízase reducindo a ganancia do audio, cando o sinal supera un determinado nivel  (Threshold).

Para entendelo, un compresor é esencialmente un control automático de volume ou nivel.

Imaxina a unha persoa en tempo real, coa función de baixar o fader cando de súpeto o volume dalgún elemento sobe en exceso, e devolvelo ó nivel "normal" se o volume baixa dun umbral.

Todo isto faise para controlar o rango dinámico dunha voz, dun instrumento musical ou de calquera son, e evitar que se saia do plano. Polo tanto, o que fai esencialmente o compresor é reducir o nivel dun sinal cuns parámetros que establece o usuario e que modifican o seu comportamento.

 Parámetros máis importantes:

  • Treshold (Umbral): Nivel a partir do cal o compresor comeza a actuar. Canto máis baixo sexa, máis sinal entrará na compresión e, polo tanto, haberá unha maior redución de ganancia.
  • Ratio (Relación de compresión): Proporción da redución de ganancia que se produce na parte de sinal que supera o umbral anterior. Para proporcións máis altas, haberá unha redución maior. Por exemplo, se o noso sinal supera o umbral en 10 decibelios e queremos que se reduza en 5 decibelios, establecemos unha proporción de 2:1.
  • Attack (Ataque): Tempo en milisegundos que tarda o compresor en actuar unha vez que o sinal supera o umbral.
  • Release (Tempo de decaimento) : Tempo en milisegundos que tarda o compresor en deixar de actuar unha vez que o sinal deixa de superar o umbral.
  • Makeup Gain (Ganancia de saída):  Ganancia en decibelios (volume) do sinal de saída, para compensar a perda de ganancia perdida pola acción da compresión.



Efectos de son - Reverberación (Calf plugin)

 A reverberación é un fenómeno sonoro producido pola reflexión, que consiste nunha lixeira permanencia do son unha vez que a fonte orixinal deixou de emitilo.

 Cando recibimos un son, chéganos dende o seu emisor a través de dúas canles, o son directo e o son que foi reflectido desde un obstáculo, como as paredes da habitación.

 É moi habitual que no proceso de rexistro sonoro dunha voz ou de instrumentos musicais (sobre todo nun estudo de gravación) se rexistre só o son directo, e non a reverberación da sala, colocando microfonía cardioide poi preto do instrumento ou da voz a rexistra, para discriminar ecos, reverberacións ou ruídos externos non desexados.

    NECESITAMOS A REVERBERACIÓN!!   

Para que?

1.- Para "dulcificar" os sons que escoitamos. (Guitarra acústica con ou sis reverberación)

2.- Para "ensanchar" o son (o efecto pódese aplicar en estero a unha fonte de son mono).

3.- Para darlle profundidade e situar  un son nun plano determinado (a maior efecto máis lonxe percibiremos o son)

4.- Para recrear una tipo de espacio sonoro: Un pavillón, unha igrexa, unha habitación grande ou pequena, o exterior...

5.- Como efecto sonoro en sí mesmo.

Parámetros máis importantes:

  • Room Size (tamaño de sala): Escoller entre Small, Medium e Large para aproximarse ás condicións de reverberacións dunha sala pequena, mediana ou grande.
  • Decay time (ou tempo de reverberación): O parametro que nos indica canto tempo vai a ser audible unha reverberación.
Tempos recomendados:
 
Reverb Curta: 0,3 ms - 0,7 ms

Reverb Media: 0,7 ms - 1,2 ms

Reverb Larga: 1,2 ms - 2 ms

  • Pre Delay (Retardo inicial): Tempo que tardarían en chegar as primeiras reflexións da raverberación. Se o tempo é suficientemente largo apreciarase claramente como un primeiro eco do son antes da reverberación. Usase en consonancia co "tempo de reverb", aínda que se pode usar a gusto do consumidor (sobre todo en música).
  • Bass cut e Treble cut (Filtros de frecuencia paso-alto e paso-baixo) para facer que o efecto se aproxime a unha sala máis ou menos brillante. 
  • Dry (Mestura): Determina a proporción de sinal de entrada (a orixinal sen efecto) que se mestura coa revebveración obtida polo módulo de efectos.

  NOTA: Cando se usa un BUS Auxiliar par insertar o efecto de "Reveb", esta proporción deberá ser do 0%, é dicir, do módulo so deberán saír a reverberación producida polo módulo de efectos, non o son orixinal que ten o seu volume na súa propia pista de audio.